Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O programa Conéctate en Lugo visita esta semana os barrio da Cheda e a zona da Residencia


# Venres, 04/05/2007


O programa Conéctate en Lugo desenvolverase entre os días 7 e 11 de maio no barrio da Cheda e na zona da Residencia. O luns, día 7, comezará o seu percorrido no Centro Social Díaz de Castro cun horario especial por necesidades do centro, e de forma excepcional a xornada desenvolverase de 10 a 12 horas, e pola tarde de 16 a 18 horas.

O martes repetirá no mesmo centro, pero xa co seu horario habitual de 11 a 13 horas e pola tarde de 17 a 19 horas. O Telecentro do Castiñeiro acollerá a sesión do mércores onde está prevista a asistencia dun grupo de amas de casa. O xoves e o venres visitarán o Centro Social Trapero Pardo.

Esta iniciativa, organizada pola Concellería de Servizos Xerais, está deseñada para fomentar o uso das novas tecnoloxías entre os sectores máis perxudicados pola brecha dixital como son os maiores, os inmigrantes e as amas de casa.

O programa, que contempla unha serie de actividades lúdico-formativas para achegar dun xeito fácil e útil Internet e o uso básico do ordenador aos participantes, comezou o pasado 16 de abril. Ao longo destas dúas semanas xa participaron máis de 250 persoas dos barrios da Piringalla, Albeiros, Garabolos, Milagrosa, Sagrado Corazón, As Gándaras e da Estación.

Grupos de maiores de 65 anos, de amas de casa, de mulleres inmigrantes, de nenos, de participantes do Proxecto Home e de adultos descubriron as utilidades de ocio, coñecemento e comunicación que ofrece a rede.

Esta semana dúas mulleres que marcharon na súa mocidade a traballar a Suiza e a Alemania rememoraron vellos tempos visitando as cidades que as acolleron a través da rede. Incluso puideron achegarse as súas casas a través de Google Earth realizando un paseo virtual polas súas rúas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova