Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza un concurso de debuxo on line para celebrar o Día de Intenet


# Mércores, 09/05/2007
A participación estará aberta a todas as idades entre o día 14 e o 16

O Concello de Lugo celebrará dende o luns o Día de Internet cun concurso de debuxo no que se repartirán distintos premios e no que poderán participar persoas de todas as idades.

Unha nova aplicación na web municipal, estará dispoñible dende o luns e até o mércores para a participación. Nesta ocasión será un programa de debuxo on line o que se ofrecerá á participación. Nos anos anteriores colgouse na web con motivo desta celebración un xogo interactivo con Lugo como protagonista.

Acompañando o debuxo cos datos persoais poderá participarse nun concurso no que se repartirán como premios dous teléfonos móbiles de última xeración para os adultos e dúas consolas portátiles Nintendo DS para os menores de idade.

Ademais, a Concellería de Servizos Xerais, organizadora do evento, entregará un regalo simbólico aos cen primeiros participantes.

A participación estará aberta até o mércores día 16, no que se celebrará oficialmente o Día de Internet a través do programa formativo Conéctate en Lugo. Para esta xornada a Concellería, que dirixe Luisa Zarzuela, está a preparar unha demostración pública do que se está a realizar nesta actividade formativa, que se extende por todos os barrios de Lugo.

O día oficial desta festa a nivel internacional é o xoves, pero coincide festivo, polo que a súa celebración adiantouse un día.

O concurso faiarase nos próximos días pero a intención desta iniciativa é achegar as novas tecnoloxías a todos os cidadáns e fomentar a conexión en Internet ofrecendo un xogo fácil e adaptado a todas as idades.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova