Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Rematan as representacións do Festival de Teatro Grecolatino 2007


# Martes, 17/04/2007
Representaranse seis obras en tres días no Auditorio Gustavo Freire

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, remata mañá, mércores, o Festival de teatro grecolatino, incluído no circuíto que se celebra por toda España.

Nesta ocasión, xunto a localidades de todas as autonomías españolas e organizado por Prosopón teatro, o Concello de Lugo realizou seis actuacións teatrais, que se desenvolveron dende o luns e que chegarán mañá, mércores, ao seu final.

Será o día do grupo Sardiña, dos IES Elviña e Paseo de los Puentes de A Coruña. “Troyanas”, de Eurípides, foi a obra escollida para representar pola mañá e “Gemelos”, de Plauto, a que se poderá ver pola tarde.

Un total de 4.500 alumnos asisten ás representacións, que teñen lugar ás doce da mañá e ás cinco da tarde no Auditorio Gustavo Freire. Participan non só estudantes de Lugo, senón tamén de comunidades limítrofes como Asturias e León que aproveitan a viaxe a Lugo para facer unha visita educativa pola cidade.

As obras están destinadas a rapaces de Educación Secundaria, concretamente das especialidades de grego e latín e os grupos que actúan están conformados por alumnos de centros de ensino e afeccionados.

Hoxe, o grupo Selene do IES Carlos III de Madrid representa en horario de mañá “Helena”, de Eurípides, e pola tarde “Pluto”, de Aristófanes.

O Concello de Lugo participa nos últimos anos neste ciclo que destaca pola profunda implicación dos centros no mesmo, na faceta de público e tamén na de actores.

O programa oferta para os alumnos que acuden doutras cidades unha visita á cidade de Lugo con especial atención aos seus monumentos e museos.

Pola súa banda, a Concellería de Educación subvenciona a entrada ás representacións a todos os estudantes de centros públicos de Lugo cun orzamento de 6.000 euros.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova