Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo ofrece novas cápsulas formativas para fomentar a cultura dixital


# Martes, 02/10/2007
A Concelleira de Servizos Xerais presentou unha nova edición de Conéctate¿ en Lugo

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou o arranque das novas actividades na aula de O Castiñeiro e a nova edición do programa Conéctate… en Lugo.

Dende o 1 de outubro ó 28 de decembro, terán lugar un total de 6 cápsulas formativas dirixidas a fomentar e difundir a cultura dixital entre os cidadáns de Lugo. As cápsulas serán as seguintes:

- Cápsula 0 (C0): Alfabetización Digital e Tecnolóxica.-Toma de contacto coas novas tecnoloxías, aprendizaxe no funcionamento do ordeador.

- Cápsula 1 (C1): Ofimática con software libre. Iniciación.-Coñecemento e uso de procesadores de texto, presentacións en pantalla, organizador de tareas e nocións básicas de follas de cálculo e bases de datos con OpenOffice.

- Cápsula 2 (C2): Internet e navegación web.- Aprendizaxe do uso dos programas Internet Explorer e Mozilla Firefox, primeira toma de contacto co uso de buscadores web. Busquedas sinxelas de información e recursos web.

- Cápsula 3 (C3): Correo electrónico e mesaxería instantánea.-Aprendizaxe na creación e uso dun correo electrónico via web. Configuración dun correo electrónico. Aprendizaxe no manexo de mensaxeros instantáneos.

- Cápsula 4 (C4): Búsqueda de recursos web e exploración avanzada.- Exploración e búsqueda avanzada, aprendizaxe na configuración dun buscador, uso de enciclopedias virtuais, descarga de arquivos de internet, carga de arquivos a rede.

- Cápsula 5 (C5): Ofimatica con software libre e comercio electrónico avanzado. Continuación da cápsula C1, aprendizaxe das follas de cálculo e bases de datos con OpenOffice. Aprendizaxe do comercio electrónico. Qué é e como sacarlle proveito.

- Cápsula 6 (C6): Aprende a configurar o teu PC. Nocións básicas sobre a configuración da pantalla, entorno gráfico, fondos de pantalla, paxina de inico do explorador…

A Concelleira anunciou que tamén haberá tres talleres:

Taller 1 (T1): Apoio á Memoria co uso das TIC. Uso da informática para mellorar as capacidades memorísticas da terceira idade. Xogos de lóxica.

Taller 2 (T2): Formación Cidadá. Para nenos de 3 a 14 anos. Uso didáctico dos ordenadores e das páxinas web para educar en valores a nosa poboación máis pequeña.

Taller 3 (T3): Publicacións dixitais, blogs e deseño de páxinas web. Para toda a poboación. Expresa as tuas ideas, opinións, sentimentos en formato dixital, crea literatura electrónica, para o teu ordenador ou para compartilo co resto do mundo na web.


Conéctate 2.0.

Luisa Zarzuela explicou que a segunda edición da campaña de formación e familiarización coas novas tecnoloxías e a sociedade da información Conéctate… en Lugo 2.0. terá lugar do 15 de novembro ó 15 de enero nos centros socioculturais do Concello.

“Trátase de desenvolver acciones formativas concretas en distintos puntos da cidade de Lugo para conseguir que os cidadáns tomen contacto cos ordenadores e co uso de Internet dun modo ameno e distendido, motivando ós asistentes para que adopten unha actitude positiva cara ás novas tecnoloxías”.

Conéctate… en Lugo 2.0 terá as seguintes cápsulas formativas:

- “Alfabetización dixital: que é un ordenador, como acendelo, como apagalo, abir un programa”.
- “Que é Internet. Como se emprega? Para que me pode servir a min?”
- “Traballamos con buscadores”. Que me interasa “buscar na rede”?.
- “Creamos unha conta de correo electrónico”.
- “Escribimos un texto co procesador de textos. Como corrixilo?”
- “Formatemamos un documento”.
- “Chateamos con skype. A Videochamada.”

Outras actividades

Luisa Zarzuela indicou que “o centro de O Castiñeiro acollerá outras actividades como o Punto de Información Dixital (PID) adicadao o plantexamento e resolución de dúbidas e curiosidades da cidadanía en materia informática e de novas tecnoloxías; o conéctate, que consistirá nunha hora adicada ó uso libre dos equipos informáticos para prácticas das mencionadas cápsulas e talleres (este será un servizo exclusivo para os inscritos en cápsulas ou talleres); e, por último a programación de actividade con grupos cerrados: Proxecto Home e a Asociación Veciñal Ramón Ferreiro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova