Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese o prazo para asistir ós cursos gratuítos de micoloxía organizados polo Concello


# Martes, 23/10/2007
Terán lugar a partir do 5 de novembro no Centro Social Uxío Novoneyra

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, volve celebrar este ano os habituais cursos de micoloxía que, todos os anos, realizan decenas de lucenses e teñen unha elevada demanda.

Así, o luns día 5 de novembro, comezará o de primeiro nivel, que se prolongará ata o día 8 e que rematará coa tradicional saída ao campo para recoller cogumelos, os días 10 e 11. Mentres que para os que teñen un nivel máis avanzado, o curso terá lugar do 12 ó 16 de outubro con saída o 28 e 29.

As clases teóricas impartiranse no centro social Uxío Novoneyra de oito a nove e media da tarde.

Como en anos precendentes, a inscrición é gratuíta. Pode realizarse nos teléfonos da Oficina Municipal de Información ao Consumidor: 982 297 272 ou 982 297 273 e no teléfono de atenciójn cidadá: 010.

Con estes cursos dende a Concellería de Servizos Xerais queren formar a todos os lucenses á hora de recoller os cogumelos do campo, xa que a toxicidade de moitos deles pode poñer en peligro a vida das persoas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova