Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O servizo de información 010 recibiu no que vai de ano 18.413 consultas


# Luns, 13/08/2007
A Concelleira de Servizos Xerais anunciou que a finales do 2007 a atención telefónica será de 24 horas polo incremento do número de usuarios

O servizo de información municipal 010 recibiu no que vai de ano 16.122 chamadas (2.526 máis que no mesmo período do ano pasado), 2081 correos electrónicos (321 máis que no 2006) e 210 faxes (112 máis que no 2006). Así o comunicou hoxe a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, que cualificou ao servizo como “o cordón umbilical que une o Concello coa cidadanía”.

A Concelleira explicou que o 60% das consultas recibidas a través do 010 son de carácter municipal, un 15% son avisos de averías e o 25% de tipo extramunicipal. As consultas de carácter municipal máis comúns, segundo explicou Luisa Zarzuela, son as relativas a aprobación definitiva do PXOM, a realización de trámites do padrón municipal e o servizo de augas; así como as consultas sobre os horarios de celebración de actividades organizadas polo Concello.

Zarzuela destacou que “segue a ser moi demandada, tanto por teléfono como por mail, a axuda para a localización de familiares por parte de inmigrantes que desexan obter a nacionalidade española”. Tamén se incrementáron moito as chamadas pedindo información e asesoramento sobre a Lei de Dependencia.

Ademais, o 010 é o medio que os interesados utilizan para a petición do Intérprete de Lingua de Signos, que dende que comezou a funcionar, no mes de maio, atendeu un total de 38 peticións”.

Servizo 24 horas

A Concelleira anunciou que a finais de ano o servizo 010 prestará unha atención de 24 horas, coas teleoperadoras no horario actual (de luns a venres de 8:30 a 20:30 e os sábados pola mañá de 9:00 a 14:00) e cun portal de voz o resto do día.

Con respecto ao servizo de mensaxería gratuíto O Concello no teu móbil conta cun total de 1509 persoas inscritas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova