Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Servizo de Desratización do Concello realiza ao ano máis de cincuenta campañas nas rúas da cidade


# Martes, 18/09/2007


O Servizo de Desratización do Concello de Lugo, dependente da Concellería de Servizos Xerais realiza os labores de control da poboación de roedores e as correspondentes campañas de desratización. O seu persoal está formado por técnicos especialistas na aplicación de plaguicidas, e contan coa autorización específica regulada pola Xunta de Galicia.

Estas campañas realízanse cunha periodicidade semanal en distintas rúas da cidade e consisten na reposición do raticida distribuído na rede de sumidoiros. En total, executan 51 actuacións semanais ao ano, normalmente os venres.

Ademais, os técnicos realizan unha inspección de cada rúa para cuantificar a poboación de múridos e establecer o grao de afectación en cada zona a través do cálculo da cantidade de veleno consumido. Canto máis esgotado está indica que hai maior número de exemplares, nestes casos organízase unha actuación de reforzo.

Asimesmo, os propios veciños poden comunicar ao Concello a través do Servizo 010 a presencia destes roedores, de xeito que o Concello envía aos técnicos para que realicen unha inpección e avalíen a gravidade da situación para planificar a actuación de emerxencia.

Este servizo programa cada semestre unha actuación de choque que abarca todas as rúas de Lugo. Unha realízase en primavera e a outra en outono ao longo de tres ou catro días. Tres equipos formados por dous operarios percorren a cidade con tres furgonetas e realizan unha renovación do pesticida, do que se distribúen ao ano 840 quilos.

Entre xaneiro e agosto deste ano levouse a cabo a desratización en 774 rúas da cidade. Nestes meses, só se detectaron en sete rúas casos graves de reprodución e presencia de roedores; en 134 dábase unha situación moderada e en 633 leve.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova