Dende mañá día 27 de outubro ata o venres 2 de novembro amplíase o horario habitual do cemiterio municipal. O recinto permanecerá aberto de forma ininterrumpida dende as 10:00 ata as 19:00 horas para facilitarlle ós lucenses a súa visita e a habitual labor destas datas de limpeza e engalanamento das sepulturas con motivo da celebración de Todos os Santos.
Por outra banda, como todos anos pola festividade do día de Todos os Santos celebrarase o tradicional mercado das flores nas instalacións do Mercado Municipal de Abastos o martes 29 e o mércores 30 de outubro.