Imprimir

CON MOTIVO DA FESTIVIDADE DE TODOS OS SANTOS HABERÁ ACTUACIÓNS DE MÚSICA CLÁSICA NO CEMITERIO


31/10/2007 O día 2 de novembro realizarase a ofrenda no Xardín das Lembrazas

Pola celebración da festividade do día de Todos os Santos, o Concello de Lugo organizou unha serie de actos e medidas especiais de funcionamento no cemiterio municipal.

Xa dende o 27 de outubro o recinto do cemiterio permanece aberto, en horario continuado, de 10 a 19 horas. Este horario de apertura manterase ata o día 2 de novembro inclusive.

O día 1 de novembro aberá actuacións do grupo de música clásica Straniki. Serán dúas sesións, unha matutina de 12:00 a 13:00 horas e outra pola tarde de 17:00 a 18:00 horas.

O venres día 2 de novembro realizarase a tradicional ofrenda floral no Xardin das Lembranzas do Cemiterio de San Froilán. O acto terá lugar ás 12:00 horas e estará amenizada, de novo, polo grupo Straniki.

Tamén hai que recordar que con motivo da festividade o Concello puxo en marcha un dispositivo policial e de tráfico para regular a elevada afluencia de vehículos e persoas ó cemiterio de San Froilán.

Ademais, como todos os anos, reforzarase na xornada de mañá o servizo de autobuses ó Cemiterio con tres liñas que realizarán o seguinte percorrido e horarios: saidas dende Sindicatos con destino ó Cemiterio e viceversa cada 20 minutos (ademais do servizo normal da liña base 5e, que realizará o seu itinerario e horario habitual).

Itinerario dos servizos especiais:

-Sindicatos, Ronda da Muralla, Rúa Santiago, Ponte Vella, Carretera de Santiago, Cemiterio. Cada 20 minutos dende as 9:00 ata as 19:00 horas.

-Cemiterio, Carretera Vella de Santiago, Ponte Vella, Ronda da Muralla, Sindicatos. Cada 20 minutos dende as 9:20 horas ata as 19:20 horas.