Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A LudusParty.net reunirá en Lugo a 650 internautas


# Mércores, 31/10/2007
A inscripción pode formalizarse en www.lugo.es, www.ludusparty.net ou no teléfono do 010

O Concello de Lugo prepara xa a II edición da Ludusparty.net, unha cita ineludible na nosa provincia para os amantes da tecnoloxía e a innovación. O Pazo de Feiras e Congresos acollerá do 30 de novembro ó 2 de decembro esta iniciativa, enmarcada dentro del ambicioso programa Lugo Dixital e que foi presentada pola Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e o Xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez.

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, indicou na súa presentación que ”dado o éxito da edición anterior, na que se cubriron as 500 prazas ofertadas, para esta edición contarase com 150 participantes máis”.

Tamén haberá actividades de formación e ocio para os que asistan a esta festa tecnolóxica cargada de sorpresas.

A Ludusparty.net naceu no 2006 co obxectivo de convertirse nunha referencia dentro do mundo do ocio informaático nacional e vai camiño de logralo.

Igual que na anterior edición dentro do Pazo de Feiras e Congresos haberá dúas zonas ben diferenciadas:

- Unha primeira zona de conexión os 650 internautas de toda España participarán na party informática e estarán conectados ininterrumpidamente durante máis de 70 horas a unha rede de alta velocidade para poder levar a cabo as súas actividades favoritas. A participación ten un custo de 20 euros e inclúe a estanza durante os 3 días no recinto e no uso das instalacións.

Os participantes contarán con concursos e agasallos específicamente deseñados par eles e outras actividades de entretenemento tecnolóxico.

Hoxe ábrese o prazo de inscripción a través da web www.lugo.es, da página específica www.ludusparty.net, ou telefónicamente chamando o 010.

Os organizadores recomendan axilizar as inscripcións xa que a cobertura das prazas deste evento faise moi rápidamente.

- No resto do recinto haberá outras zonas abertas a toda a cidadanía, totalmente gratuíta. Ofrecerá formación sobre novas tecnoloxías, información e ocio.

Entre las numerosas actividades destacan:

- Videoconsolas de última xeración, con xogos actuais e novidosos, xa pensados para a campaña de Nadal que se aproxima, por exemplo, o novo Mario para a Wii e o HALO3, entre outros.

- Haberá tempo tamén para as lembranzas xa que no recinto, haberá máquinas orixinais dos anos 80 de videoxogos no cal se poderá xogar ao Street-Faiter 2. O sábado celebrarase un concurso con este xogo e o gañador recibirá como agasallo unha destas máquinas orixinais dos 80.

- Zona de pantallas proxectoras de curtometraxes que versará sobre as últimas tendencias en animación dixital.

- Zona de formación, enlazada coa Campaña de formación de Conectate en Lugo, na cal que se realizarán diversas actividades formativas e de entretemento abertas a tódalas idades e colectivos, dirixido especialmente á terceira idade co fin de que descubran as moitas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.

- Caixa Galicia, que é colaboradora e patrocinadora do evento, terá espazo no Recinto Ferial, con un Planetario dende o que se emitarán proxeccións espectaculares e outras actuacións, dignas de visitar.

- Stand da Xunta de Galicia, da Dirección Xeral de Comunicación Audiviosual con proxeccións en 3D e realidade virtual.

- Además contarán cunha pista de xeo e um circuito de Kars.

A Concelleira anunciou que haberá interesantes e gratas sorpresas para todos.

Recoñecemento á organización

A Ludusparty.net foi galardoada en xaneiro con dous premios honoríficos "Lobos de Oro", que concede todos os anos a agrupación Lanparty ás mellores parties do panorama nacional. Este grupo está formado por profesionais do mundo da informática e por afeccionados de alto nivel que participan habitualmente nas festas tecnolóxicas máis prestixiosas do país.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova