Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello rinde unha homenaxe aos lucenses falecidos coa tradicional ofrenda do Día dos Defuntos


# Venres, 02/11/2007
A Concellería de Servizos Xerais instalou a primeira placa dunha serie que recollerá emotivos poemas

O Concello rendiu unha homenaxe aos lucenses falecidos coa celebración da tradicional ofrenda do Día dos Defuntos que realiza a Corporación Municipal en homenaxe á súa memoria.

O Alcalde Accidental, Francisco Fernández Liñares, presidiu este acto, que ten un carácter laico para que todas as relixións e as persoas aconfesionais ou ateas estean representadas nesta loubanza ao seu recordo.

O Xardín das Lembranzas foi o marco escollido para realizar a ofrenda. Este espazo, inaugurado o ano pasado, foi creado para ofrecer un lugar onde depositar as cinzas e acoller a celebración de oficios e reunións alleas aos ritos católicos.

A Corporación Municipal depositou unha coroa de frores naturais (composta por rosas brancas, gladíolos e frores silvestres) na honra de todos os defuntos xunto ao monumento do Xardín das Lembranzas. O grupo Stranniki ofreceu unha actuación musical con pezas como o Ave María de Häendel.


González Liñares desculpou a ausencia do Alcalde de Lugo, José López Orozco, neste acto xa que se atopa nunha viaxe de traballo en Arxentina. O edil tivo unhas cariñosas palabras para todos os que “nos deixaron, pero que continuan no noso recordo, que é a mellor maneira de que non morran nunca”.

No acto tamén estiveron presentes os Concelleiros Protección da Comunidade, José Rábade, Infraestruturas, José Piñeiro, Servizos Xerais, Luisa Zarzuela e representantes dos grupos políticos municipais do PP e do BNG.

A Concellería de Servizos Xerais aposta por humanizar o camposanto, un exemplo foi a construción deste xardín, e ofrecer aos familiares e amigos un consolo e un refuxio emocional fronte a dor pola pérdida.
Como novidade este ano instalou na entrada principal do cemiterio unha placa cun emotivo poema e ten previsto instalar máis en distintas zonas con poesías de temática relacionada coa vida e o seu devir.

O primeiro poema escollido é unha obra anónima de orixe escocés:

“Puedes llorar porque se ha ido,
o puedes sonreir porque ha vivido.

Puedes cerrar los ojos y rezar para que vuelva,
o puedes abrirlos y ver todo lo que ha dejado.

Tu corazón puede sentirse vacío porque no la puedes ver
o puede estar lleno del amor que compartistéis.

Puedes llorar, cerrar la mente,
sentir el vacío y dar la espalda,
o puedes hacer lo que a ella le gustaría:
sonreir, abrir los ojos, amar y seguir.”


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova