Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan os cursos gratuítos de micoloxía organizados polo Concello de Lugo


# Venres, 02/11/2007
As clases impartiranse no Centro Social Uxío Novoneyra de 20:00 a 21:30 horas.

Os cursos de micoloxía que cada ano organiza a Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, e que realizan decenas de lucenses, comezan o vindeiro luns día 5 de novembro.

Así, o luns, día 5 de novembro, comezará o de primeiro nivel, que se prolongará ata o 9 deste mes e que rematará coa tradicional saída ao campo para recoller cogumelos, os días10 e 11 .

Para os que teñen un nivel máis avanzado, o curso terá lugar do 12 ó 16 de outubro con saída o 17 e 18 de novembro.

As clases teóricas impartiranse no centro social Uxío Novoneyra de oito da tarde a nove e media e estarán a cargo do doutor en veterinaria Julián Alonso Díaz.

Como en anos precendentes, a inscrición é gratuíta. Pode realizarse na Oficina Municipal de Información ao Consumidor ou no teléfono de atención cidadá 010 (982 297 350 se chama dende fóra do termo municipal).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova