Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Instalan as primeiras rampas na pista de skate do parque da Milagrosa


# Xoves, 04/01/2007
Continúa o concurso de graffitis para adornar os muros desta zona

A pista de skate do parque da Milagrosa, situada ao lado das piscinas descubertas, estivo onte en obras para a colocación de catro das oito rampas das que consta o deseño orixinal desta obra, proxectada por un grupo de patinadores da cidade.

Deste xeito e dende hoxe, a pista pode ser xa utilizada por todo aquel que o desexe, aínda que están sen colocar outras catro rampas máis, que se instalarán durante o mes de xaneiro.

As obras da pista de skate teñen un orzamento de 76.254 euros e están a piques de rematar, despois de que comezaran no mes de setembro. Só quedaba a instalación destas rampas.

Nestas novas instalacións poderán practicar con patíns, monopatíns e bicicletas dentro dunha extensión total de 1.100 metros cadrados e con rampas de preto de 500.

Esta tarde, a partir das tres, celebrarase a segunda fase do concurso de graffitis organizado polas Concellerías de Xuventude e Deportes para o contorno da pista de skate. O resultado do concurso poderá saberse na mañá do venres.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova