Cargando....
Concello de Lugo
21/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde participa na conferencia do xoves da Copa de España 2007 de fútbol sala


# Martes, 09/01/2007
Será ás oito e media, na Fundación Caixa Galicia, organizada polo Azkar Lugo

A Fundación Caixa Galicia acolle o xoves a partir das oito e media, unha nova conferencia do ciclo de charlas organizado con motivo da celebración en Lugo da Copa de España 2007 de fútbol sala.

Este ciclo está organizado polo Prone Lugo coa colaboración da Concellería de Deportes, entre outras entidades. Contempla unha serie de ponencias, que se alongarán até o 8 de marzo, nas que se analizan os múltiples aspectos que o deporte en xeral, e o fútbol sala en particular, posúen. Por suposto, participan nas mesmas profesionais con experiencia e de ampla traxectoria e coñecementos nos temas a tratar.

O Alcalde, José López Orozco, será o xoves un dos ponentes desta charla que leva por título O Deporte en Lugo. Estará acompañado de Arcadio Silvosa, periodista da Cadena SER; Alberto Álvarez, atleta lucense, e Pablo Álvarez Núñez, xogador do Deportivo da Coruña. Estará moderada por Alberto Fernández, responsable de Relacións Institucionais do Azkar Lugo.

Durante a charla valorarase a situación actual do deprote lucense, retos e desafíos. Representantes das distintas organizacións implicadas no deporte de Lugo, como o Concello, medios de comunicación e deportistas ofrecerá o seu punto de vista da situación do deporte neste Concello. O Alcalde aportará as actuacións realizadas polo Concello para favorecer a práctica deportiva, así como explicará os incentivos e o apoio prestado ao deporte de base.

Como o resto de conferencias do ciclo, a entrada será libre e gratuíta.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova