Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Rematan as xornadas de Mocidade, Alcohol e Tráfico


# Mércores, 18/04/2007
González Corredoira participou no simulacro de excarcelación celebrado o martes no IES Ánxel Fole

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel Corredoira, participou onte no simulacro de excarcelación realizado na tarde de onte no Instituto Ánxel Fole con motivo da celebración das I Xornadas Mocidade, Alcohol e Tráfico, que remata esta mañá.

Estas xornadas están organizadas polo Concello de Lugo e o IES Ánxel Fole e contaron cun completo programa de conferencias de especialistas, demostracións prácticas con vehículos, excarcelacións e numerosas actividades formativas destinadas aos 585 alumnos deste centro. A finalidade que tiñan era sensibilizar aos mozos do grave problema que supoñen os accidentes de tráfico e da necesidade de fomentar entre a xuventude comportamentos cívicos e de prevención como peóns e como futuros condutores.

Os alumnos de todos os cursos da ESO e Bacharelato recibiron durante estes 3 intensos días todo tipo de información sobre a mocidade, o alcohol e o tráfico. Bombeiros, Policías, membros de Protección Civil e da Cruz Vermella e especialistas informaron e sensibilizaron ao alumnado.

Dentro do programa destacaron as intervencións do Doutor Carlos Quintáns, do Sarxento Cedrón do Corpo de Bombeiros, do Sarxento da Polícia Local de Atestados, José Luis Álvarez, e do especialista Jean Picard.

Nas xornadas do martes e do mércores abriuse a participación a nais, pais e profesores. A excarcelación de onte foi a actividade máis espectacular. Foi realizada polos Bombeiros de dous coches accidentados na que tamén participaron Cruz Vermella, Garda Civil e Protección Civil.

As actividades desenvolveranse tamén ao longo do día de hoxe con máis relatorios destes catro especialistas, o Doutor Carlos Quintás, o Sarxento Cedrón, do Corpo de Bombeiros, o Sarxento Jose Luis Álvarez de Atestados e Jean Picard da ONG Stop Accidentes.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova