Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 130 deportistas participan esta fin de semana no Campionato de España de Iudo do sector noroeste


# Xoves, 11/01/2007
As actividades darán comezo ás cinco da tarde no novo polideportivo de Frigsa

O novo polideportivo de Frigsa acollerá esta fin de semana o Campionato de España Absoluto de Iudo do sector Noroeste nas categorías masculino e feminino. Esta proba sustitúe ao tradicional Trofeo Cidade de Lugo.

Así o anuncionaron hoxe o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e dous responsables da Federación e recoñecidas figuras deste deporte, José Luis Díaz e Amador Trillo.

Está prevista a participación de 40 deportistas galegos, 25 de Asturias, 40 de León e entre 25 e 30 de Cantabria. Concretamente de Lugo estarán 4 chicos do ximnasio Senra e 3 chicas do ximnasio Lugo.

Clasificaranse dous por cada categoría, establecidas polo peso dos participantes, para a final que se disputará en Málaga.

A organización establece sete categorías para masculino e outras sete para o grupo feminino. A competición arrincará ás cinco da tarde do sábado, aínda que ás catro terá lugar a pesaxe dos competidores.

O Concelleiro suliñou que escolleron o novo polideportivo de Frigsa para esta actividade para que entre a formar parte do calendario deportivo lucense de pleno dereito, “e ademais servirá para ensinar as instalacións a todos os deportistas que nos visitan nesta competición”, dixo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova