Imprimir

RAMÓN FERREIRO ACOLLE O SÁBADO A CARREIRA NOCTURNA DE REIS DO CIRCUÍTO CORRE CON NÓS


12/1/2007 A saída será ás sete da tarde dende a praza de Ramón Ferreiro

Mañá, sábado, celebrase a tradicional carreira noctura de reis na praza Ramón Ferreiro de Lugo, a que supón a terceira carreira do circuíto Corre con Nós desta edición 2006/2007.

Estas carreiras son unha das convocatorias deportivas máis importantes de Lugo, cun renome nacional e cunha estrutura que está a ser copiada por outras competicións do territorio español. Están organizadas polo Concello de Lugo e patrocinadas por As Termas e Begano Coca Cola.

Son, como sempre, unha carreira por mes e se establen catro categorías para pequenos e dez para adultos. Na proba do sábado, que dará comezo ás sete da tarde, establécense os seguintes percorridos:

-Categoría A: 650 metros.
-Categoría B: 1.430 metros.
-Categorías C e D: 1.900 metros.
-Categorías E a M: 4.520 metros.

Para evitar as tradicionais aglomeracións o día da carreira non se permitirá a nova inscrición. Tomouse esta medida para manter un nivel organizativo de cara aos atletas xa inscritos e evitar alterar os horarios establecidos, xa que está prevista novamente unha elevadísima participación.

Deste xeito, os inscritos que xa participaran na primeira carreira poderán usar o dorsal e o chip que xa posúen e os que non o teñan poderán recollelo até unha hora antes do comezo da carreira.

As oito carreiras do circuíto rematarán o 10 de xuño no marco do parque da Milagrosa.

Participando en cinco carreiras do circuíto, tanto pequenos como adultos, obterán como premio un vale de 60 euros para trocar por material deportivo en Deportes Élide. Por suposto, os gañadores de cada unha das categorías en cada carreira recibirán o seu premio.

Os interesados en inscribirse ou informarse sobre os percorridos e os horarios, poden facelo a través da web www.deportes.lugo.es/correconnos ou na municipal www.lugo.es.