Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle en maio unhas xornadas de educación vial


# Xoves, 19/04/2007
O Concello investiu dende o 2004 no PIT máis de medio millón de euros

O Concello de Lugo acollerá os días 4 e 5 de maio as I Xornadas sobre a ensinanza de camiños na educación viaria, segundo anunciou o Alcalde, José López Orozco, acompañado da Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro.

Estas xornadas están divididas en dúas mesas redondas entre as que figuran representantes do sector da educación vial de todos os ámbitos.

O venres, día 4 de maio, estará dedicado á educación, formación viaria e prevención sanitaria. Terá lugar na Aula Cultural de Caixa Galicia a partir das cinco e media da tarde.

Moderada polo Xefe Provincial de Tráfico, Julio González, será introducida pola Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón.

A mesa que se celebrará o sábado, a partir das once, no Círculo das Artes, estará dedicada á formación, vixilancia, infraestruturas e atención ás vítimas. Nesta ocasión será a Conselleira de Política Territorial a encargada de introducir este debate, no que estarán presentes responsables da Consellería, de INTRAS, da Asociación Stop Accidentes e da DGT.

Estas xornadas son gratuítas e a inscrición poderá realizarse o mesmo día no lugar de celebración. Os participantes recibirán un certificado de asistencia.

Pola súa banda, o Alcalde indicou a preocupación de todo o equipo de goberno pola seguridade viaria. Indicou que as competencias municipais deben ir encamiñadas á actuacións policiais, mantemento de camiños e fundamentalmente á educación.

Insistiu na necesidade de que sexan os propios pais e nais os que realicen un esforzo diario cos pequenos sendo eles un exemplo de respecto das normas de tráfico.

O apoio á educación vén da man do Parque Infantil de Tráfico, no que se investiu, dende 2004, un total, de 583.140 euros, entre os que destacan os 204.075 que se están empregando na construcción do edificio que albergará as novas aulas do PIT.

Actualmente, unha media de 2.500 rapaces pasan por estas aulas cada ano, rapaces que teñen entre 8 e 16 anos, “onde a súa formación trátase como o que é, unha cuestión seria e con cursos serios”, dixo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova