Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Secretario Xeral do Estado para a Educación inaugura as xornadas educativas que analizan a LOE


# Venres, 20/04/2007


A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentou esta mañá xunto aos responsables de Escola Viva, María Jesús Navarro e José Luis Trigo, as Xornadas sobre o Modelo Curricular da LOE, que se celebrarán en Lugo os días 27 e 28 de abril. O Secretario Xeral de Estado para a Educación, Alejandro Tiana Ferrer, inaugurará estas xornadas o próximo venres pola tarde.

As xornadas, que se celebran por cuarto ano consecutivo, están organizadas polo Concello en colaboración coa asociación Escola Viva e a FETE-UGT de Lugo. A edil sinalou que o goberno municipal leva anos apostando pola educación e “estas iniciativas son trascendentais para manter informados con rigurosidade aos profesores e aos pais das novas que afectan á educación”.

Este ano as xornadas teñen como función informar aos docentes mediante charlas e poñencias de mesa sobre o novo modelo curricular proposto na lei. Ademais, os profesionais terán a oportunidade de debatir sobre a aplicación da LOE en Galicia, analizando os seus aspectos máis específicos.

As actividades desenvolveranse no IES Politécnico e comezarán o venres 27 ás 18:00 horas coa conferencia inaugural do Secretario Xeral do Estado para a Educación, Alejandro Tiana Ferrer.

O sábado 28 terán lugar novas accións formativas, con mesas de traballo, conferencias e debates desde ás 10:00 ata ás 14:00 horas pola mañá, e de 17:00 a 21:00 horas pola tarde.

Todos os interesados en asistir poden formalizar a inscrición e ampliar a información nas oficinas de Escola Viva situadas na Casa Sindical, na Ronda da Muralla 58-1º ou no teléfono 982 221 854.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova