Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza a lectura pública de El Quijote para conmemorar o Día do Libro


# Venres, 20/04/2007
O acto terá lugar este luns, 23 de abril

O Concello de Lugo en colaboración coa asociación Ágora Cultural organiza a lectura pública de “El Quijote” na Praza Maior para conmemorar o vindeiro luns, día 23 de abril, o Día Mundial do Libro.

O acto comenzará ás 10:00 horas, diante da Casa Consistorial, e ao longo da mañá os escolares dos centros educativos da cidade lerán parágrafos da obra mestra da literatura española. Esta actividade, que fará un descanso ás 14:00 horas estará coordinada pola Concellería de Educación.

Pola tarde, o Alcalde, José López Orozco e a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, retomarán a lectura pública do “Quijote” ás 18:00 horas e, todos os lucenses que desexen participar, están convidados a ler a novela de Cervantes.

O Día do Libro conmemórase desde o ano 1930 en lembranza do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes y Saavedra, William Shakespeare e o do cronista Garcilaso de la Vega (el Inca), todos ocurridos o 23 de abril de 1616. Precisamente, o ano pasado celebrouse o 400 aniversario da desaparición destes xenios da literatura universal. No ano 1995, a Unesco acordou a proclamación universal do 23 de abril como o “Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova