Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Uns 300 atletas participan o domingo no Campionato Galego Absoluto de Campo a Través


# Mércores, 24/01/2007
Comezará ás once da mañá e terá lugar no parque do Pazo de Feiras e Congresos

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío; o Presidente da Federación de Atletismo, Isidoro Hornillos; o delegado en Lugo desta Federación, José M. Perejón, e o ex presidente do Club San Fernando Lucus, Manuel Teijeiro Valledor, presentaron hoxe unha nova edición do Campionato Galego Absoluto de Campo a Través, no que está prevista a participación de 300 atletas.

Recupera a cidade de Lugo deste xeito unha proba de relevancia, que se vén celebrando na comunidade autónoma dende 1916 e que non tiña lugar en Lugo dende 1985.

A carreira supón deste xeito a primeira proba federada do 2007 e terá lugar o domingo a partir das once da mañá no parque do Pazo de Feiras e Congresos.

Haberá clasificacións nas categorías senior, promesa, xunior, xuvenil e cadete en homes e mulleres e teñen confirmada a súa asistencia atletas de prestixio como María Abel, Xulia Vaquero, Pedro Limo e Margarita Pérez, entre outros.

Segundo explicaron os organizadores, o circuíto está totalmente homologado para campo a través e estará delimitado con saída preto da ponte romana. As distancias que se percorrerán serán de entre 900 e 2.000 metros.

Entregaranse medallas aos tres primeiros atletas clasificados a nivel individual así como trofeos aos tres primeiros equipos, xa que a participación será tanto a nivel individual como por equipos agás os cadetes, que só disputarán en conxunto xa que a proba individual ten lugar noutra cita separada.

Os representantes da Federación expricaron que o campo a través é o deporte máis antigo que se coñece e que nesta proba participaron ao largo da historia atletas lucenses que quedaron sempre moi ben clasificados.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova