Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Instaladas as catro últimas rampas que completan a pista de skate de Frigsa


# Mércores, 31/01/2007
O Concello desenvolveu o proxecto consultando ós patinadores da cidade

A pista de skate do parque da Milagrosa, situada ao carón das piscinas descubertas, estivo o pasado luns en obras para a colocación das catro últimas rampas das oito que consta o deseño orixinal desta obra. Polo tanto, a obra está totalmente culminada.

Este proxecto, posto en marcha pola Concellería de Deportes, foi deseñado en colaboración cun grupo de patinadores da cidade coa finalidade de que se adaptara as necesidades reais para a práctica deste deporte. Ademais, procurouse a implicación dos mozos para a decoración deste espazo a través do concurso de graffiti celebrado o pasado mes de decembro.

Estas obras da pista de skate tiveron un orzamento de 76.254 euros e contan con instalacións para practicar con patíns, monopatíns e bicicletas dentro dunha extensión total de 1.100 metros cadrados e con rampas de preto de 500 metros.

O proxecto deportivo consolida o parque da Milagrosa como o espazo dotacional máis importante da cidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova