Imprimir

AS PEDREIRAS ACOLLE NO ENTROIDO UNHA XORNADA DE INCHABLES ACUÁTICOS


5/2/2007 O prazo de inscrición para esta actividade, que será gratuíta, está xa aberto

A Concellería de Deportes, que dirixe, José Manuel Díaz Grandío, volve organizar este ano unha xornada de inchables acuáticos coincidindo coa celebración das festas de Entroido. O marco da celebración será a piscina municipal das Pedreiras.

Así, esta xornada terá lugar o sábado, día 17 de febreiro, entre as once e as dúas menos cuarto, pola mañá, e de cinco a oito, pola tarde.

Esta xornada de xogos na auga será gratuíta e está destinada a rapaces e rapazas de entre 5 e 14 anos. A inscrición para participar está xa aberta e pode realizarse no número de teléfono 982 284 318 ou na propia oficina da piscina.

Para participar, unicamente é necesario saber nadar e levar bañador, chanclas e gorro.