Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O deporte universitario, tema dunha nova conferencia da Copa de España 2007 de fútbol sala


# Mércores, 07/02/2007
Será ás oito e media, na Fundación Caixa Galicia, organizada polo Azkar Lugo

A Fundación Caixa Galicia acolle mañá, xoves, a partir das oito e media, unha nova conferencia do ciclo de charlas organizado con motivo da celebración en Lugo da Copa de España 2007 de fútbol sala.

Este ciclo está organizado polo Prone Lugo coa colaboración da Concellería de Deportes, entre outras entidades. Contempla unha serie de ponencias, que se alongarán até o 8 de marzo, nas que se analizan os múltiples aspectos que o deporte en xeral, e o fútbol sala en particular, posúen. Por suposto, participan nas mesmas profesionais con experiencia e de ampla traxectoria e coñecementos nos temas a tratar.

A charla de mañá leva por título O deporte e a Universidade, e nela participarán como ponentes Antonio Montalvo de Lamo, Subdirector Xeral de Promoción Deportiva e Deporte Paralímpico no Consello Superior de Deportes; Aída Valiño, triatleta lucense, e Elías Torres Feijoo, Vicerreitor cultural da Universidade de Santiago de Compostela.

Durante a charla porase de relevancia como deportistas de alto nivel compaxinan a práctica do seu deporte e o estudo. Como compatibilizar as dúas labouras, os apoios que reciben, as condicións de acceso e a posibilidade de establecer convenios serán os puntos a debater.

Como o resto de conferencias do ciclo, a entrada será libre e gratuíta. A próxima terá lugar o día 22 de febreiro para falar de deporte adaptado.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova