Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde e a Concelleira de Cultura participaron na lectura pública do Quijote


# Luns, 23/04/2007
O Alcalde destaca o papel que xogarán as Casas das Linguas

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, participaron esta tarde na lectura pública de El Quijote. O Concello de Lugo en colaboración coa asociación Ágora Cultural organiza este ano, que tivo lugar na Praza Maior para conmemorar o Día Mundial do Libro.

A lectura comenzou ás 10:00 horas, diante da Casa Consistorial, e ao longo da mañá os escolares dos centros educativos da cidade foron lendo parágrafos da obra mestra da literatura española. O Alcalde leu ás seis da tarde xunto á Concelleira de Cultura e Turismo.

O Alcalde, antes de proceder á lectura, destacou o papel que xogarán as Casas das Linguas que vai construír o Concello na Aceña de Olga e na Piringalla. “Estamos nun momento no que as TIC forman unha parte importante do universo cultural das persoas. Lugo non vai renunciar a iso, pero tampouco imos renunciar a ler un libro. Hoxe imos ler o libro por excelencia: El Quijote”, afirmou. “O Concello vai facer dúas novas bibliotecas de xeito inmediato e dúas Casas das Linguas. As persoas temos que entendernos. Eu quero que todos os cidadáns que queran coñecer un idioma da Unión Europea, teñan a oportunidade de facelo nas Casas das Línguas”.

O Día do Libro conmemórase desde o ano 1930 en lembranza do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes y Saavedra, William Shakespeare e o do cronista Garcilaso de la Vega (el Inca), todos ocurridos o 23 de abril de 1616. Precisamente, o ano pasado celebrouse o 400 aniversario da desaparición destes xenios da literatura universal. No ano 1995, a Unesco acordou a proclamación universal do 23 de abril como o “Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova