Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Secretario Xeral do Estado para a Educación inaugura as xornadas educativas que analizan a LOE


# Xoves, 26/04/2007
Celebraranse este venres e sábado no IES Politécnico e nelas participarán 200 profesores

O Secretario Xeral de Estado para a Educación, Alejandro Tiana Ferrer, estará este venres en Lugo para inaugurar as Xornadas sobre o Modelo Curricular da LOE, que se celebrarán en Lugo os días 27 e 28 de abril. O acto de inauguración terá lugar ás 18:00 horas no IES Politécnico, despois dunha rolda de prensa na Casa Consistorial.

As xornadas, que se celebran por cuarto ano consecutivo, están organizadas polo Concello en colaboración coa asociación Escola Viva e a FETE-UGT de Lugo. Esta actividade de formación está destinada a profesores e pais co obxectivo de manter aos sectores implicados na educación informados sobre as novas que afectan ao ensino.

Este ano as xornadas teñen como función informar aos docentes mediante charlas e poñencias de mesa sobre o novo modelo curricular proposto na lei. Ademais, os profesionais terán a oportunidade de debatir sobre a aplicación da LOE en Galicia, analizando os seus aspectos máis específicos. Está prevista a asistencia de 200 profesores.

As actividades desenvolveranse no IES Politécnico e comezarán o venres 27 ás 18:00 horas coa conferencia inaugural do Secretario Xeral do Estado para a Educación, Alejandro Tiana Ferrer. O programa contempla a presencia de especialistas na materia como o Subdirector Xeral de Ordeación Académica do Ministerio de Cultura, Juan López Martínez, ou do Director da revista “Aula de innovación educativa”, Antoni Zabala Vidiella.

O sábado 28 terán lugar novas accións formativas, con mesas de traballo, conferencias e debates desde ás 10:00 ata ás 14:00 horas pola mañá, e de 17:00 a 21:00 horas pola tarde.

Todos os interesados en asistir poden formalizar a inscrición e ampliar a información nas oficinas de Escola Viva situadas na Casa Sindical, na Ronda da Muralla 58-1º ou no teléfono 982 221 854.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova