Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello fomenta boas prácticas viarias cunhas xornadas de educación e prevención


# Venres, 27/04/2007
As Concelleiras de Educación e de Politica Territorial participarán nas charlas que terán lugar os días 4 e 5 de maio

O Concello de Lugo celebrará os vindeiros días 4 e 5 de maio as I Xornadas sobre a Ensinanza de Camiños na Educación Viaria, para fomentar as boas prácticas viarias e a prevención dos accidentes de tráfico.

O programa destas xornadas comprende dúas mesas redondas nas que se abordará a problemática da accidentabilidade dende a perspectiva da educación e a prevención como solucións eficaces. Nestas charlas participarán especialistas na materia.

A primeira mesa redonda terá lugar o venres 4 de maio na Aula Cultural de Caixa Galicia a partir das 17:30 e a Concelleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, será a responsable de abrir o debate sobre “Educación, formación viaria e prevención sanitaria”. Outros dos participantes serán o Director do Centro Superior de Educación Viaria de Salamanca -Eugenio Ocio Simó-, o Presidente da Federación Galega de Autoescolas -Manuel López Marín-, e o Responsable de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Complexo Xeral Calde de Lugo -José Carlos Quintas Fernández-. O Xefe Provincial de Tráfico, Julio González Díez, moderará as intervencións.

O sábado continuarán as xornadas coa segunda mesa que se celebrará a partir das once no Círculo das Artes. O programa centrarase na “Formación, vixilancia, infraestruturas e atención ás vítimas”.
Nesta ocasión será a Conselleira de Política Territorial, María José Caride, a encargada de introducir este debate, no que estarán presentes responsables desta Consellería, do Instituto de Tráfico e Seguridade Viaria de Valencia, da Asociación Stop Accidentes e da DGT.

Estas xornadas son gratuítas e a inscrición poderá realizarse o mesmo día no lugar de celebración. Os participantes recibirán un certificado de asistencia.

Estas xornadas obedecen a preocupación de todo o equipo de goberno pola seguridade viaria. As competencias municipais deben ir encamiñadas á actuacións policiais, mantemento de camiños e fundamentalmente á educación para loitar contra este problema.

O Concello ven desenvolvendo distintas actividades de formación en educación viaria a través do Parque Infantil de Tráfico, no que se investiu, dende 2004, un total, de 583.140 euros, entre os que destacan os 204.075 que se están empregando na construcción do edificio que albergará as novas aulas do PIT.

Actualmente, unha media de 2.500 rapaces que teñen entre 8 e 16 anos pasan por estas aulas cada ano. Un dos novos obxectivos do goberno municipal é ampliar a formación aos adultos para os que se deseñará un programa específico de actividades orientadas a fomentar boas prácticas viarias.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova