Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mestres de Lugo reúnense no XXI Encontro Galego-Portugués de educadores pola paz


# Xoves, 03/05/2007
Terá lugar dende o venres e até o domingo na cidade lusa de Chaves

Esta fin de semana terá lugar o XXI Encontro Galego-Portugués de educadoras e educadores pola Paz, na cidade portuguesa de Chaves, no que estarán presentes un nutrido grupo de docentes lucenses.

Este encontro está organizado, como todos os anos, polos seguintes organismos: Associaçao Galego-Portuguesa de Educaçao para a Paz (AGAPPAZ), Educadores/as Pola Paz-Nova Escola Galega, Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña, Movimento dos Educadores pela Paz de Portugal (MEP) e Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro-Pólo de Chaves (UTAD), colaborando o Concello de Lugo a través da Concellería de Educación.

Nesta actividade, que o ano pasado tivo a súa sede de reunión na cidade de Lugo, xuntará a profesionais do ensino para tratar temas de actualidade e problemática social dende unha perspectiva educadora, enriquecendo a través das súas diversas actividades e contribuíndo ao intercambio de experiencias e material didáctico entre galegos e portugueses.

Destaca a gran participación destes encontros, que se celebran dende hai máis de dúas décadas con gran acollida entre os educadores e educadoras.
O programa comprende xogos operativos, debates, traballos en grupo, diversos obradoiros e conferencias e a xa tradicional concentración pola Paz e solta da pomba, como símbolo da mesma.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova