Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello celebra o luns de Entroido unha festa de disfraces no pavillón da Piringalla


# Martes, 13/02/2007
Continúa aberta a inscrición para a xornada de inchables que se celebrará o sábado

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, realizará o luns unha festa de disfraces no pavillón Municipal da Piringalla, organizada conxuntamente co Club de Patinaxe Lóstregos de Lugo.

Esta festa, na que é obrigatorio o disfraz, os patíns e as proteccións, terá lugar entre as seis e as oito da tarde. Ademais, os pais e acompañantes poderán gozar tamén nesta festa, que é gratuíta.

Haberá xogos e actividades propostas polos monitores.

INCHABLES

Por outra banda, a Concellería de Deportes, que dirixe, José Manuel Díaz Grandío, mantén aberta a inscrición para participar na xornada de inchables acuáticos organizada coincidindo coa celebración das festas de Entroido. O marco da celebración será a piscina municipal das Pedreiras.

Así, esta xornada terá lugar o sábado, día 17 de febreiro, entre as once e as dúas menos cuarto, pola mañá, e de cinco a oito, pola tarde.

Esta xornada de xogos na auga será gratuíta e está destinada a rapaces e rapazas de entre 5 e 14 anos. A inscrición para participar está xa aberta e pode realizarse no número de teléfono 982 284 318 ou na propia oficina da piscina.

Para participar, unicamente é necesario saber nadar e levar bañador, chanclas e gorro.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova