Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan en Lugo as xornadas de educación vial


# Xoves, 03/05/2007
O centro da cidade acollerá por sexto ano consecutivo a Festa da Seguridade Vial

O Concello de Lugo acollerá mañá, venres, e o sábado as I Xornadas sobre a ensinanza de camiños na educación viaria, organizadas pola Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, e o Parque Infantil de Tráfico.

Estas xornadas están divididas en dúas mesas redondas entre as que figuran representantes do sector da educación vial de todos os ámbitos.

A primeira destas xornadas estará dedicada á educación, formación viaria e prevención sanitaria. Terá lugar na Aula Cultural de Caixa Galicia a partir das cinco e media da tarde.

Moderada polo Xefe Provincial de Tráfico, Julio González, será introducida pola Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón.

A mesa que se celebrará o sábado, a partir das once, no Círculo das Artes, estará dedicada á formación, vixilancia, infraestruturas e atención ás vítimas. Nesta ocasión será a Conselleira de Política Territorial a encargada de introducir este debate, no que estarán presentes responsables da Consellería, de INTRAS, da Asociación Stop Accidentes e da DGT.

Estas xornadas son gratuítas e a inscrición realizarase o mesmo día no lugar de celebración. Os participantes recibirán un certificado de asistencia.

FESTA DA SEGURIDADE VIAL

Coincidindo co fin das xornadas e con motivo da entrega dos premios de debuxo o centro da cidade convertirase como todos os anos nun gran circuíto de educación vial.

Este acontecemento, que se vén celebrando dende fai seis anos, conta cun amplo programa de actividades lúdicas relacionadas coa educación en materia de seguridade viaria.

O Concello instalará en varios puntos do centro histórico distintas zonas de actividades como un circuíto de karts e de ciclomotores, outro de radiocontrol, unha exposición de aeromodelismo e unha zona para aprender patinaxe, entre outros.

Miles de persoas de toda Galicia acuden todos os anos a esta festa, que simboliza a culminación do esforzo anual que realiza a Concellería de Educación a través do Parque Infantil de Tráfico para fomentar as boas prácticas como condutor e como peón.


OS PREMIADOS

Os gañadores do concurso de debuxo, que recibirán o sábado os seus premios foron:

O centro escolar con maior participación:
CPR San Fermín de Caldas de Reis - Pontevedra

Centro escolar con maior calidade artística:
IES Carlos Casares de Vigo - Pontevedra

Categoría E (Educación Especial):
1º.- Melisa Boo Tubío do CEE APADER de Cedeira - A Coruña
2º.-Luis Casás Abuín do CEE ASPNAIS de Lugo
3º.-Rocío López Rodríguez CEE Santa María de Lugo

Categoría D. (4º secundaría, 1º y 2º de bachiller):
1º.- Iría Lores Villar do CPI Covaterreña de Baiona - Pontevedra
2º.-Iría Barroso Fernández do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limía - Ourense
3º.-Iván Davila Quintas do IES Carlos Casares de Vigo - Pontevedra

Categoría C. (1º,2º y 3º de secundaria):
1º.-Jennifer Garzón Expósito do CPI Covaterreña de Baiona - Pontevedra
2º.-Nerea Armendáriz Barreira do IES Politécnico nº 1 de Lugo - Lugo
3º.-Alberto Torres Temes do CPR San Fermín de Caldas de Reis - Pontevedra.

Categoría B. (4º,5º y 6º de primaria):
1º.-Noelia González Castro do CEIP Chandrexa de Queixa de Celeiro - Ourense
2º.-Pablo Peláez Campos do CEIP Juan Rey de Lorenzana - Lugo
3º.-Sergio M. Currás Rivera do CEIP Luis Pimentel de Lugo - Lugo

Categoría A. (1º,2º y 3º de primaria):
1º.-Lucía Silvestre Dacal do CEIP Nosa Sra. Do Carme de Calvos de Randín - Ourense
2º.-Laura Castro Martínez-Cabrera do CPR Estudio de Nigrán - Pontevedra
3º.-Paula Gil Lorenzo do CPR Sagrado Corazón de Lalín - Pontevedra



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova