Imprimir

OS MAD-BIKERS OFRECERÁN O DOMINGO E O LUNS EXHIBICIÓNS NA PRAZA DA SOIDADE EN COLABORACIÓN CO CONCELLO


15/2/2007

O club Mad-Bikers, en colaboración co Concello de Lugo, realizará o domingo e o luns pola tarde exhibicións en bicicleta.

A concentración será de catro a nove da tarde na praza da Soidade, onde se situarán unhas rampas para a exhibición.

Estas actuacións complementan o programa de Entroido que arrinca mañá e no que haberá actividades para todos os públicos.