Imprimir

O ALCALDE PIDE A COLABORACIÓN DE FAMILIA, ESCOLA E INSTITUCIÓNS PARA SEGUIR MELLORANDO A EDUCACIÓN VIAL


4/5/2007 Xunto á Conselleira de Educación, inaugurou as I Xornadas sobre a ensinanza de camiños

O centro da cidade acolle o sábado, por sexto ano consecutivo, a Festa da Seguridade Vial

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, inauguraron esta tarde as I Xornadas sobre a ensinanza de camiños na educación viaria, organizadas pola Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, e o Parque Infantil de Tráfico.

Ao comenzo desta cita, o Alcalde calificou de “imprescindible” a formación en educación vial para todas as idades, pero fundamentalmente para os máis pequenos. Explicou que o goberno local fixo un importante esforzo por extender esta educación a todos os colexios e rapaces de Lugo mellorando as capacidades humanas, técnicas e as infraestruturas destiñadas á formación.

Pediu tamén a constante colaboración de institucións, escolas e familiares para “acadar os resultados que desexamos ter”. Indicou que estas xornadas son una “evaluación do traballo feito e do que debemos que cambiar e mellorar”.

Estas xornadas están divididas en dúas mesas redondas entre as que figuran representantes do sector da educación vial de todos os ámbitos.

A primeira destas xornadas, que se celebrou noa Aula Cultural da Fundación Caixa Galicia, estivo dedicada á educación, formación viaria e prevención sanitaria. Moderada polo Xefe Provincial de Tráfico, Julio González, foi introducida pola Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón.

Mañá, sábado, continuarán as xornadas a partir das once, no Círculo das Artes, dedicadads á formación, vixilancia, infraestruturas e atención ás vítimas. Nesta ocasión será a Conselleira de Política Territorial a encargada de introducir este debate, no que estarán presentes responsables da Consellería, de INTRAS, da Asociación Stop Accidentes e da DGT.

Estas xornadas son gratuítas e a inscrición realízase o mesmo día no lugar de celebración. Os participantes recibirán un certificado de asistencia.

FESTA DA SEGURIDADE VIAL

Coincidindo co fin das xornadas e con motivo da entrega dos premios de debuxo o centro da cidade convertirase como todos os anos nun gran circuíto de educación vial. Como sempre, haberá karts, ciclomotores, aeromodelismo e bicletas nas que todos os rapaces poderán solicitar o seu pase gratuíto para participar.

Ademais, como novidade este ano, entregarán ao final da tarde premios a aqueles que tiveran o mellor comportamiento dentros dos circuítos.

Este acontecemento, que se vén celebrando dende fai seis anos, conta cun amplo programa de actividades lúdicas relacionadas coa educación en materia de seguridade viaria.

O Concello instalará en varios puntos do centro histórico distintas zonas de actividades como un circuíto de karts e de ciclomotores, outro de radiocontrol, unha exposición de aeromodelismo e unha zona para aprender patinaxe, entre outros.

Miles de persoas de toda Galicia acuden todos os anos a esta festa, que simboliza a culminación do esforzo anual que realiza a Concellería de Educación a través do Parque Infantil de Tráfico para fomentar as boas prácticas como condutor e como peón.

Os premios, consistentes en bicicletas e material informáticos repartiranse ás dúas da tarde fronte á carpa onde poden verse os debuxos presentados ao concurso.