Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os premios do concurso de debuxo durante a Festa da Seguridade Vial


# Domingo, 06/05/2007
Entregados os premios do concurso de debuxo durante a Festa da Seguridade Vial

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e distintos representantes das institucións colaboradoras fixeron entrega hoxe dos premios da sexta edición do Concurso de debuxo sobre Educación Vial. Este acto tivo lugar durante o transcurso da Festa de Seguridade Vial, que se celebra no centro da cidade todos os anos, organizada pola Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, e o Parque Infantil de Tráfico.

Novamente participaron centos de rapaces neste concurso, no que a participación está extendida a toda Galicia. Os gañadores foron os seguintes:

O centro escolar con maior participación:
CPR. San Fermín de Caldas de Reis - Pontevedra

Centro escolar con maior calidade artística:
IES. Carlos Casares de Vigo - Pontevedra

Categoría E (Educación Especial):
1º.- Melisa Boo Tubío do CEE. APADER de Cedeira - A Coruña
2º.-Luis Casás Abuín do CEE. A.S.P.N.A.I.S. de Lugo
3º.-Rocío López Rodríguez CEE. Santa María de Lugo

Categoría D. (4º secundaría, 1º y 2º de bachiller):
1º.- Iría Lores Villar do CPI. Covaterreña de Baiona - Pontevedra
2º.-Iría Barroso Fernández do IES. Lagoa de Antela de Xinzo de Limía - Ourense
3º.-Iván Davila Quintas do IES. Carlos Casares de Vigo - Pontevedra

Categoría C. (1º,2º y 3º de secundaria):
1º.-Jennifer Garzón Expósito do CPI. Covaterreña de Baiona - Pontevedra
2º.-Nerea Armendáriz Barreira do IES. Politécnico nº 1 de Lugo - Lugo
3º.-Alberto Torres Temes do CPR. San Fermín de Caldas de Reis - Pontevedra.

Categoría B. (4º,5º y 6º de primaria):
1º.-Noelia González Castro do CEIP. Chandrexa de Queixa de Celeiro - Ourense
2º.-Pablo Peláez Campos do CEIP. Juan Rey de Lorenzana - Lugo
3º.-Sergio M. Currás Rivera do CEIP. Luis Pimentel de Lugo - Lugo

Categoría A. (1º,2º y 3º de primaria):
1º.-Lucía Silvestre Dacal do CEIP. Nosa Sra. Do Carme de Calvos de Randín - Ourense
2º.-Laura Castro Martínez-Cabrera do CPR. Estudio de Nigrán - Pontevedra
3º.-Paula Gil Lorenzo do CPR. Sagrado Corazón de Lalín - Pontevedra

Xa pola mañá, o Alcalde realizou un percorrido polas diferentes instalacións da festa, na que se poden ver, karts, bicicletas, ciclomotores, patinaxe, aeromodelismo, así como representantes da Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e Cruz Vermella, entre outros.

Todos os rapaces teñen hoxe a oportunidade de participar nun concurso de seguridade vial, demostrando o seu comportamento nas pistas, nas que poderán dar una volta de xeito gratuíto.

Por outra banda, a Concelleira de Política Territorial, María José Caride, presentou esta mañá, xunto co Alcalde, a ultima das mesas redondas das primeiras Xornadas de ensinanzas de camiños, que se celebraron no Círculo das Artes. Esta segunda xornada estivo dedicada á formación, vixilancia, infraestruturas e atención ás vítimas. No debate estiveron presentes responsables da Consellería, de INTRAS, da Asociación Stop Accidentes e da DGT.

O Alcalde reiterou o esforzo que está a realizar a Consellería na loita contra a mortandade nas estradas galegas e insistiu na necesidade da formación en educación vial para todas as idades, pero fundamentalmente para os máis pequenos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova