Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O deporte adaptado, tema dunha nova conferencia da Copa de España 2007 de fútbol sala


# Mércores, 21/02/2007
Será ás oito e media, na Fundación Caixa Galicia, organizada polo Azkar Lugo

A Fundación Caixa Galicia acolle mañá, xoves, a partir das oito e media, unha nova conferencia do ciclo de charlas organizado con motivo da celebración en Lugo da Copa de España 2007 de fútbol sala.

Este ciclo está organizado polo Prone Lugo coa colaboración da Concellería de Deportes, entre outras entidades. Contempla unha serie de ponencias, que se alongarán até o 8 de marzo, nas que se analizan os múltiples aspectos que o deporte en xeral, e o fútbol sala en particular, posúen. Por suposto, participan nas mesmas profesionais con experiencia e de ampla traxectoria e coñecementos nos temas a tratar.

A charla de mañá, a sétima do ciclo, leva por título O deporte adaptado, e nela participarán como ponentes Alberto Jofre Bernardo, Director Xerente do Comité Paralímpico Español; Tito Margaride, atleta paralímpico lucense e Joaquín Dosil, Presidente da Sociedade iberoamericana de Psicoloxía Deportiva.

Durante a charla trataranse as vantaxes e desvantaxes do deporte adaptado, no que en Lugo temos grandes figuras coñecidas a nivel internacional. Falarase tanto da historia do deporte adaptado como do sistema de valoración e clasificación e accesibilidade en equipamentos deportivos.

Como o resto de conferencias do ciclo, a entrada será libre e gratuíta. A próxima terá lugar o día 1 de marzo para falar do deporte como unha ferramenta para superar os problemas sociais.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova