Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e distintos representantes das institucións colaboradoras fixeron entrega hoxe dos premios da sexta edición do Concurso de debuxo sobre Educación Vial. Este acto tivo lugar durante o transcurso da Festa de Seguridade


# Luns, 07/05/2007
A actividade encádrase dentro da programación municipal de Educación Viaria

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentou esta mañá a I Xira Galega de Karting Indoor que acollerá lugo os vindeiros 10, 11, 12 e 13 de maio no Pazo de Feiras e Exposicións da capital. A edil estivo acompañada polo Director de Marketing de Gadisa, Antonio Cortés, e a representante da empresa RGM, Raquel González.

O Concello continúa a súa aposta polo fomento da educación viaria e de condutas responsables na condución, polo que achega a todos os alumnos de Secundaria a posibilidade de manexar un kart e poñer en práctica a teoría aprendida nas actividades promovidas pola Parque Infantil de Tráfico.

Dolores Vieiro explicou que “é moi importante concienciar aos mozos de que o exceso de velocidade debe desaparecer das estradas e só debe experimentarse en circuítos especialmente adaptados e baixo control profesional”.

O Concello reserva para os escolares lucenses unha cita as mañás dos xoves e venres en horario de 11:00 a 14:00 horas. Os rapaces contarán con 12 karts e monitores especializados que supervisarán esta actividade.

O recinto feiral estará aberto ao público en xeral as tardes do xoves e venres en horario de 17:30 a 23:00 horas; e do sábado e o domingo de 11:00 a 14:00, pola mañá, e de 17:30 a 23:00. O prezo da entrada ao recinto ferial é de 3 euros e a sesión de kart custará 5 euros, cunha rebaixa do 50% do que custa habitualmente nos circuítos comerciais, tal e como explicou Raquel González.

O venres ás 20:15 horas todos os afeccionados ao mundo do motor poderán asistir de xeito gratuíto á exhibición dos Fórmulas e Barquetas do campión e subcampión de España, Benito Varela e Juan Manuel Esperón, que estarán apadrinados polo campión nacional de rallies, o lucense Pedro Burgo. Estes espectaculares vehículos participan en competicións de montaña, polo que están adaptados a terreos abruptos, e requiren unha condución especial.

Os coches de Fórmula e Barqueta son fabricados nunha factoría pontevedresa que é a única que existe en todo o territorio nacional.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova