Imprimir

LUGO ACOLLE O DOMINGO O CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE WU SHU


23/2/2007 Participarán un total de 150 deportistas en varias modalidades

O novo polideportivo do parque da Milagrosa, situado na avenida Duquesa de Lugo, acolle este domingo pola tarde o Campionato Galego Infantil de Wu Shu, patrocinado pola Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío.

Serán máis de 150 deportistas do departamento de Wu Shu dependente da Federación Galega de Iudo os que participarán nesta competición, que se desenvolverá de catro a sete da tarde.

Haberá unha competición para maiores de 14 anos con licencia en vigor polo club co que participar.

Establecéronse varias modalidades: formas individuais, por equipos e combate preparado. Se competirá en dúas áreas simultaneamente, de 8x14 metros cada unha. Será unha en formas individuais e por equipos e outra en combates preparados.

As regras da competición establecen como formas tradicionais, mans vacías e armas. Tamén Nan Chuan e Chan Chuan coas catro formas de armas, pao, lanza, sable e espada. Ademais haberá combates preparados con e sen armas.

Os grupos estarán formados por un mínimo de dous e un máximo de tres participantes e a duración do mesmo non será inferior a 50 segundos.