Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Uns 1.700 estudantes participan no Correligua 2007


# Luns, 07/05/2007
Sairá o martes, ás once, da praza de Santa María

O centro da cidade acollerá mañá, martes, unha nova edición de Correlingua, a carreira a prol do idioma que se convoca en varias cidades galegas como unha proposta de carácter lúdico-educativo, coa que se pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reinvindicación do dereito de falar en galego.

O Correlingua 2007, que xa vai pola súa sexta edición, acada todos os anos unha altísima participación tanto de escolares como de público en xeral. Está organizada pola Asociación Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino, a Mesa pola normalización linguística e os Concellos de Lugo, Vigo e Santiago de Compostela.

Nesta ocasión, a carreira dará comezo ás once da mañá tras a concentración na praza de Santa María de rapaces e rapazas dos institutos e CPIs da Comarca de Lugo Centro. Espérase un total de entre 1.500 e 1.700 rapaces que percorrerán o centro histórico de Lugo dende Santa María a San Pedro e dando unha volta á muralla. O percorrido mudará este ano debido ás obras que se están a levar a cabo na Ronda.

Os obxectivos deste programa é propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións a prol dela, sensibilizar a sociedade a través da poboación moza da importancia da defensa da lingua e asociar a reflexión linguística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova