Imprimir

OS ESCOLARES LUCENSES INAUGURAN ESTE XOVES A I XIRA GALEGA DE KARTING INDOOR


9/5/2007 A actividade encádrase dentro da programación municipal de Educación Viaria

Preto de 250 alumnos de Secundaria inugurarán este xoves a I Xira Galega de Karting Indoor que acollerá Lugo os días 10, 11, 12 e 13 de maio no Pazo de Feiras e Exposicións da capital, organizada polo Concello de Lugo, a empresa RGM e Gadisa.

O Concello continúa a súa aposta polo fomento da educación viaria e de condutas responsables na condución, polo que achega a todos os alumnos de secundaria a posibilidade de manexar un kart e de poñer en práctica a teoría aprendida nas actividades promovidas pola Parque Infantil de Tráfico.

O Concello reserva para os escolares lucenses unha cita as mañás deste xoves e do venres en horario de 11 a 14 horas. Os rapaces contarán con 12 karts e monitores especializados que supervisarán esta actividade, que se desenvolverá nun circuíto adaptado.

O recinto feiral estará aberto ao público en xeral as tardes do xoves e do venres en horario de 17:30 a 23:00 horas; e do sábado e o domingo de 11 a 14, pola mañá, e de 17:30 a 23:00. O prezo da entrada ao recinto ferial é de 3 euros e a sesión de kart custará 5 euros, cunha rebaixa do 50% do que custa habitualmente nos circuítos comerciais.

O venres ás 20:15 horas todos os afeccionados ao mundo do motor poderán asistir de xeito gratuíto á exhibición dos Fórmulas e Barquetas do campión e subcampión de España, Benito Varela e Juan Manuel Esperón, que estarán apadrinados polo campeón nacional de rallies, o lucense Pedro Burgo. Estes espectaculares vehículos participan en competicións de montaña, polo que están adaptados a terreos abruptos, e requiren unha condución especial.

Os coches de Fórmula e Barqueta son fabricados nunha factoría pontevedresa que é a única que existe en todo o territorio nacional.