Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata o venres a V edición da Semana da Oralidade


# Xoves, 10/05/2007
Centos de rapaces presenciaron as actuacións en 14 colexios, tres centros sociais, na Biblioteca e na libería Trama

Mañá, venres, remata en Lugo a quinta edición da “Semana da Oralidade”, organizada pola Concellería de Educación, que encabeza María Dolores Vieiro. Este ano novamente o centros de ensino de Primaria foron os grandes beneficiados deste programa, que tamén estivo aberto ao público familiar polas tardes a distintas horas e en distintos contornos.

Un total de 14 colexios do concello recibiron a visita dos contacontos pola mañá, a partir das once, ao mesmo tempo que visitaron centros sociais e outro tipo de locais públicos polas tardes.

O programa ten como finalidade levar a tradición oral aos escolares por medio de contacontos e actuacións que se levan a cabo durante o mes de maio nos CEIPs de Lugo. A través das contadas e relatos, o alumnado está en contacto coa oralidade galega, onde sempre logra participación obsoluta dos colexios e unha ampla acollida.

Déronse representacións esta semana, a partir das seis da tarde, de luns a xoves sucesivamente, nos Centros Sociais Uxío Novoneyra, Fingoi, na Biblioteca Municipal e no Lamas de Prado. Tamén, de martes a venres estiveron en Maxisterio á unha e o mércores e o venres na librería Trama, dende as oito.

Participan nesta iniciativa os máis coñecidos contacontos lucenses e galegos, ademais doutros vidos doutras partes do territorio nacional.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova