Imprimir

CONTINÚA A I XIRA GALEGA DE KARTING INDOOR CON ACTIVIDADES PARA TODOS OS PÚBLICOS


11/5/2007

Preto de 250 alumnos de Secundaria participaron na I Xira Galega de Karting Indoor, organizada polo Concello, a empresa RGM e Gadisa, que acolle Lugo os días 10, 11, 12 e 13 de maio no Pazo de Feiras e Exposicións da capital.

O Concello programou esta actividade dentro da súa aposta polo fomento da educación viaria e de condutas responsables na condución, polo que achegaou a todos os alumnos de secundaria a posibilidade de manexar un kart e de poñer en práctica a teoría aprendida nas actividades promovidas pola Parque Infantil de Tráfico.

O recinto feiral estará aberto ao público en xeral o sábado e o domingo de 11 a 14, pola mañá, e de 17:30 a 23:00. O prezo da entrada ao recinto ferial é de 3 euros e a sesión de kart custará 5 euros, cunha rebaixa do 50% do que custa habitualmente nos circuítos comerciais.

Hoxe venres ás 20:15 horas todos os afeccionados ao mundo do motor poderán asistir de xeito gratuíto á exhibición dos Fórmulas e Barquetas do campión e subcampión de España, Benito Varela e Juan Manuel Esperón, que estarán apadrinados polo campeón nacional de rallies, o lucense Pedro Burgo. Estes espectaculares vehículos participan en competicións de montaña, polo que están adaptados a terreos abruptos, e requiren unha condución especial. Os coches de Fórmula e Barqueta son fabricados nunha factoría pontevedresa que é a única que existe en todo o territorio nacional.