Imprimir

REMATA O PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS NA ESCOLA INFANTIL SERRA DE OUTES


18/5/2007

O luns remata o prazo de reclamación ás listas provisionais de admitidos na Escola Infantil Serra de Outes para o curso 2007/2008, que foi publicada o día 11.

Esta lista pode consultarse na propia Escola Municipal, situada na rúa Serra de Outes, no taboleiro de anuncios do Edificio de Servizos Administrativos e no Servizo de Educación, situado no Centro Social Uxío Novoneyra.

Ademais, os interesados poderán poñerse en contacto telefónico co teléfono de información municipal 010 (297 350 se chaman dende fóra do territorio municipal).

Unha vez finalizado o prazo de presentación de reclamación, que foi de 10 días, sairán as listas definitivas.