Imprimir

O CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL REÚNESE O MÉRCORES NA CASA DO CONCELLO


21/5/2007 Será ás sete da tarde no Salón de Plenos

O Salón de Plenos acollerá o mércores, ás sete da tarde, a primeira reunión do Consello Escolar Municipal deste ano, na que se tratarán entre os temas que se demanden, as actividades que ofrece a Concellería de Educación dentro do programa escolar.

O Consello Escolar, conformado por 27 membros, entre profesores, pais, alumnos e sindicalistas, funciona neste concello dende o ano 1997. Nestes últimos catro anos celebráronse varias reunións, 2 no 2004, 3 no 2005 e 5 no 2006. NO 2007, concretamente o IES Lucus Augusti, acolleu en febreiro a reunión do Consello Escolar de Galicia, presidido pola Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón.

O Consello Escolar é un órgano consultivo, que foi renovado parcialmente este ano polo cese de alumnos e mestres, ademais de por esixencia do regramento.

A Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro, ofrecerá un resumo do que foron as actividades durante este ano e das que formarán parte do novo curso.