Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentación do programa Abred no Consello Escolar Municipal


# Mércores, 23/05/2007


O Salón de Plenos acolleu esta tarde a primeira reunión do Consello Escolar Municipal deste ano, na que se trataron as distintas actividades que ofrece a Concellería de Educación dentro do programa escolar.

Aproveitouse tamén esta reunión para presentar a todos os membros o programa ABRED, incluído dentro do programa Lugo Dixital. Unha demostración práctica do programa e as peculiaridades da súa utilización, pioneira en Galicia, conformou a presentación, na que estivo presente a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela.

O Consello Escolar, conformado por 27 membros, entre profesores, pais, alumnos e sindicalistas, funciona neste concello dende o ano 1997. Nestes últimos catro anos celebráronse varias reunións, 2 no 2004, 3 no 2005 e 5 no 2006. NO 2007, concretamente o IES Lucus Augusti, acolleu en febreiro a reunión do Consello Escolar de Galicia, presidido pola Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón.

O Consello Escolar é un órgano consultivo, que foi renovado parcialmente este ano polo cese de alumnos e mestres, ademais de por esixencia do regramento.

A Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro, ofreceu un resumo do que foron as actividades durante este ano e das que formarán parte do novo curso.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova