Imprimir

O CONCELLO DEDICA O NOVO CAMPO DE FÚTBOL DA MILAGROSA A LÓPEZ GORGOSO


26/2/2007 O Alcalde e membros da Corporación presidiron o venres o acto de descubrimento da praca

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu o venres pola tarde o acto de inauguración da praca na honra a Luis López Gorgoso.

Esta praca figura no novo campo de fútbol municipal, situado ao lado do novo polideportivo do parque da Milagrosa, que lle da nome á instalación.

Neste acto emotivo reuníronse familiares, amigos e afeccionados a este deporte de todas as idades. De feito, o lugar quedou pequeno para acoller ao grupo de persoas alí congregadas.

De Luis López Gorgoso destaca o seu labor nunha vida dedicada ao fútbol dende a Sociedade Cultural Deportiva Milagrosa, o Club San Fernando ou a Delegación de Lugo da Federación Galega de Fútbol.

O Alcalde destacou a persoalidade apasionada deste home, falecido o pasado 20 de setembro, quen dedicou toda a súa vida a manter unha actividade deportiva na cidade, en especial entre os máis pequenos.

López Orozco ampliou este recoñecemento a persoas que como López Gorgoso volcaron o seu traballo diario por un esforzo destinado ao ben dunha comunidade “moitas veces sen ningunha retribución”, dixo. Fixo esta reflexión destinada principalmente aos rapaces alí congregados.

A familia recibiu de mans do Alcalde un recordo deste acto e desta distinción, unha praca que representa a que luce dende agora o novo campo de fútbol.