Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O IV Goberno Infantil presentou trinta propostas na clausura do seu mandato


# Xoves, 14/06/2007
O acto de clausura tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos da Casa Consitorial

O IV Goberno Infantil chegou ao final do seu mandato esta mañá cun acto de clausura que tivo lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Na despedida desta Corporación estiveron presentes o Alcalde en funcións, José López Orozco, a Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, a Concelleira de Educación en funcións, Dolores Vieiro, e o Delegado Provincial de Educación, Luis Álvarez Martínez.

O Alcalde en funcións, José López Orozco, subraiou o traballo desempeñado pola Corporación Infantil “que deu unha auténtica lección de cidadanía e de busca de concordia para acadar seus acordos” e expresou o seu dexeso de que esta iniciativa serva para fomentar vocacións políticas. Pola súa banda, a Conselleira de Educación salientou a presenza feminina neste goberno como exemplo de integración e igualdade.

A Corporación constituíuse o pasado 1 de decembro de 2006 con 18 concelleiros e unha tenente de alcalde presididos pola Alcaldesa, Kerling Ricaurte Vilardell. Os rapaces proceden dos centros de Quiroga Ballesteros e Paradai, dos colexios Fingoi e Galén e do centro Aspnais.

A Alcaldesa despedíuse destacando o gran traballo en equipo que realizaron conxuntamente os seus concelleiros e valorou positivamente os coñecementos sobre a realidade da cidade que todos se levan despois desta experiencia.

Durante o acto, a mandataria fíxolle a entrega a José López Orozco da revista do goberno infantil titulada “Os pregoeiros”. Nela recolle novas relacionadas coa actualidade nos seus colexios, artigos sobre o consumo responsable ou sobre as medidas contra o lume, e actividades de ocio.

Este goberno estableceu oito áreas de traballo: Benestar Social, Tráfico e Protección á comunidade, Urbanismo e Patrimonio Histórico, Deportes, Cultura e Educación, Medioambiente, Cidade Rural e Desenvolvemento Xuvenil, que se repartiron entre os distintos representantes de cada centro educativo.

Os membros da Corporación Infantil pecharon o seu mandato presentando unha trintena de conclusións cun marcado carácter social nas que sinalan propostas para protexer o medioambiente, potenciar o desenvolvemento cultural, fomentar a integración social das persoas con discapacidade e dos inmigrantes, promocionar a restauración das vivendas rurais ou organizar máis xogos e actividades de ocio infantil.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova