Imprimir

LUGO ACOLLE O DOMINGO UNHA PROBA DO CIRCUÍTO TRANSGALAICA 2007


27/2/2007 A saída será no campo de fútbol das Gándaras ás nove da mañá

Lugo acollerá o domingo unha proba do circuíto galego de BTT-Maratón Transgalaica 2007, organizado por TeamRelay, o club ciclista Correcamiños e o Concello de Lugo.

O Concelleiro de Deportes José Manuel Díaz Grandío; o presidente do club Correcamiños, Alejandro Lamela, e o presidente do TeamReal, Javier Sánchez, presentaron este evento, que sustitúe á proba realizada todos os anos por estas datas a nivel local.

Esta proba constará de 60 quilómetros e está prevista a presencia de 150 corredores, entre federados e non federados. Haberá clasificacions para todas as categorías tanto para homes como para mulleres ademais do open para cicloturistas.

A saída terá lugar no campo das Gándaras ás nove e media da mañá e está prevista a chegada do primeiro corredor sobre as doce.