Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O xadrez e a lectura protagonizan a programación de actividades de verán da Concellería de Educación


# Mércores, 18/07/2007


A Concellería de Educación organiza, en colaboración con El Progreso e a Asociación Cultural Xaquedrum, unha programación de actividades de verán protagonizado polo xadrez e a lectura.

As actividades encádranse nos programas “Verán Lúdico” e “Viaxe pola historia do xadrez” que están orientados a ofrecer unha alternativa de ocio educativo aos nenos e maiores.

O programa de “Verán Lúdico” estase a desenvolver na piscina descuberta de Frigsa de luns a venres, en horario de 16:00 a 19:00 horas, ata o 31 de agosto. As actividades, que van destinadas aos usuarios da piscina e son gratuítas, comprenden unha biblioteca de verán, un punto xadrecístico e unha zona de ludoteca con diversos xogos de mesa.

Deste xeito, os bañistas gozan do préstamo gratuíto de libros, da oportunidade de aprender as técnicas do xadrez baixo a supervisión de monitores especializados e de xogar partidas ao parchís.

A “Viaxe pola historia do xadrez” é un programa que xa se desenvolveu o ano pasado e acadou un gran éxito de participación. O seu obxectivo é achegar aos cidadáns o deporte do xadrez e promover a súa práctica a través de torneos e do ensino das súas técnicas.

Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa. Todos os xoves, de 19:00 a 21:00 horas, a Praza Maior acolle partidas de xadrez xigante e convencional e unha biblioteca itinerante. Mentres, os martes de 12:00 a 14:00 horas, percorrerá distintos barrios da cidade co seguinte horario:

-O día 24 de xullo visitará á Praza da Milagrosa;
-O 31 de xullo desenvolverase na Praza Roxa;
-O martes 7 de agosto, na Praza do Castiñeiro;
-O día 14 de agosto estará no Centro Social do Sagrado Corazón;
-O 21 de agosto, na Praza da Milagrosa;
-O 28 de agosto rematará na Praza Roxa.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova