Imprimir

A CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN CONVOCA UNHA REUNIÓN INFORMATIVA PARA PAIS E NAIS NA GARDERÍA MUNICIPAL


30/8/2007 Terá lugar o luns día 3 de setembro ás 17:30 horas

A Concellería de Educación, dirixida por Dolores Vieiro, convoca unha reunión informativa que terá lugar nas instalacións da Gardería Municipal Serra de Outes o luns, día 3 de setembro, ás 17:30 horas.

A reunión celébrase por motivo do inicio do curso escolar. Os técnicos informarán a todos os pais e nais dos nenos matriculados sobre as actividades, horarios e funcionamento da gardería e tratarán todos aqueles temas que poidan causar dúbidas ós proxenitores.