A Concellería de Educación convoca unha reunión informativa para pais e nais na Gardería Municipal
# Xoves, 30/08/2007
Terá lugar o luns día 3 de setembro ás 17:30 horas
A Concellería de Educación, dirixida por Dolores Vieiro, convoca unha reunión informativa que terá lugar nas instalacións da Gardería Municipal Serra de Outes o luns, día 3 de setembro, ás 17:30 horas.
A reunión celébrase por motivo do inicio do curso escolar. Os técnicos informarán a todos os pais e nais dos nenos matriculados sobre as actividades, horarios e funcionamento da gardería e tratarán todos aqueles temas que poidan causar dúbidas ós proxenitores.
Compartir: