Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 200 docentes asistirán ós cursos sobre a LOE que acollerá Lugo


# Venres, 14/09/2007
As xornadas organizadas polo Concello, Escola Viva e FETE-UXT, terán lugar no IES Poitécnico do 17 ó 21 de setembro

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, e os representantes do Movemento de Renovación Pedagóxica Escola Viva e FETE-UXT, José Luis Rodríguez Trigo e María Jesús Navarro Otero, presentaron o curso de información e formación do profesorado co que colabora o Concello de Lugo e que se celebrará do 17 ó 21 de setembro no IES Politécnico. O marco lexislativo da LOE e a súa aplicación na programación da aula será o obxecto de debate nestas xornadas que contarán coa presenza de especialistas na materia.

Son unha resposta o máximo das necesidades que afectan a tarefa docente”, así definiron os organizadores as xornadas dirixidas ó profesorado de educación infantil, primaria e secundaria. Calcúlase que asistirán máis de 200 docentes de toda Galicia.

A conferencia inaugural, o 17 de setembro, correrá a cargo de Manuel Bellón Fernández, representante da Secretaría Xeral de Educación do Ministerio de Educación e Ciencia. Durante cinco días desenvolveranse coloquios e conferencias que analizaran o marco lexislativo da LOE.

A clausura estará protagonizada por Federico Pérez Morán, representante da Inspección Educativa de Lugo, quen participará nun debate que pretende analizar e resolver as dúbidas sobre diferentes ámbitos da ensinanza. (Ver o programa adxunto)

A mellora da docencia
O Movemento de Renovación Pedagóxica Escola Viva pretende con estas xornadas propiciar un espacio de debate sobre os problemas educativos máis significativos, así como analizar e reflexionar sobre as propostas de intervención dende o modelo curriular da LOE. Así mesmo, segundo explicaron os representantes de FETE-UXT, preténdese dar a coñecer recursos e materiais para mellorar a labor docente e a intervención co alumnado.

Dentro dos contidos a tratar destacan:

- Os retos educativos na sociedade
- As competencias básicas do alumnado, un referente para as etapas educativas.
- A educación en valores
- A avaliación dos centros educativos.

Todos os interesados en asistir poden formalizar a súa inscrición e ampliar a información nas oficinas de Escola Viva situadas na Casa Sindical, na Ronda da Muralla 58-1º, no teléfono 982 221 854 ou na dirección de correo electrónico: lugoarrobafete.ugt.org.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova